Obradoiro “que non che dean gato por lebre”

O pasado 3 de decembro O Canto da Balea impartiu o obradoiro “Que non che dean gato por lebre” para os hosteleiros de restaurantes do territorio GAC4  incluídos na iniciativa Km cero, de MarGalaica.

Foi unha agradable xoranada para todos e agora esperamos volver a vernos nos vosos restaurantes para así degustar a gran diversidade de produtos dos nosos mares!!!

Foto do obradoiro

VI Concurso de murais azulexo Suministros Lar

O Canto da Balea participou o pasado 2 de decembro na presentación do VI Concurso de murais azulexo organizado por Suministros Lar, que un ano máis outorgará tres premios aos mellores murais que os escolares fagan cos azulexos que eles mesmos proporcionan. A temática do concurso este ano recaeu nos mariscos. O Canto da Balea foi convidado a esta xornada para proporcionar información aos escolares sobre que é o marisqueo e como se regula para que a súa extracción sexa sostible e o noso consumo responsable.

Dende O Canto da Balea queremos agradecer a invitación de Suministros Lar e animar a tod@s @s moz@s que participan para elaborar o mellor mural!!

Moita sorte para tod@s!

Podedes ver a nota de prensa pinchando aquí

XXVI Congreso de ENCIGA

O Canto da Balea participou o pasado 22 de novembro no  XXVI Congreso de ENCIGA coa ponencia “Sigue vixente a necesidade da divulgación do medio mariño e a vida nos portos de pesca artesanal? A experiencia de “O Canto da Balea”.

Esperamos que a ponencia fora de interese para o público asistente!!

Podedes consultar o programa deste congreso pinchando na imaxe

Visita das escolas unitarias de Ponteceso

O pasado 14 de novembro recibimos en Lira ao centro CRA NOSA SEÑORA DO FARO, formado por 9 escolas unitarias. Un total de 60 nen@s de idades comprendidas entre 3 e 7 anos, viñeron a Lira para disfrutar do entorno mariño neste porto pesqueiro. Durante toda a mañán puideron converterse en mariscadores por un día, coñecer as actividades vinculadas a un porto como son as redeiras, apalpar a uns peculiares animaliños mariños e xogar coñecendo as tallas mínimas. Foi unha xornada moi completa e divertida para tod@s nós!!!

Visita do CPI Alcalde Xosé Pichel

 Este venres os alumnos de 3º e 4º de educación primaria do CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco estiveron en Lira pasando unha xornada connosco. O pronóstico meteorolóxico non era moi bo para ese día, pero o tempo deunos unha tregua e as actividades puidéronse facer sen ningún problema. Disfrutaron das historias dos naufraxios acontecidos nesta zona, quedaron abraiados coa escafandra do buzo Don José e remataron a xornada converténdose en auténticos científic@s e coñecendo diferentes artes de pesca. Ademáis puideron coñecer ben preto a anatomía dos polbos.

Esperamos que tod@s o pasásedes moi ben!!!! Sigue leyendo