Roteiros guiados

Ruta do Porto

Ruta do Porto

 

 

Ruta do Porto:

Nesta ruta ao longo de Portocubelo coñeceranse os barcos e as artes de pesca empregadas, a forma de conservar o peixe, as especies capturadas, a funcionalidade das construccións e a forma de vivir do mar.

Desta forma tentaremos que o visitante coñeza de preto a vida dun porto e dunha comunidade mariñeira.

 

Ruta do Litoral

Ruta do Litoral

 

 

 

 

Ruta do litoral

Neste percorrido o visitante poderá observar a morfoloxía da costa e a estructura da paisaxe. Iremos ata unha zona de praia onde desembocan varios ríos e que acolle bancos marisqueiros e complexos dunares.

 

Ruta das Mariscadoras

Ruta das Mariscadoras

 

 

 

 

Ruta das mariscadoras:

Nesta ruta poderedes coñecer de preto a forma de vida das mariscadoras de Lira. Contaranvos de primeira man que especies explotan e como se xestiona o marisqueo “a pé” .

 

 

 

Ruta dos naufraxios

Ruta dos naufraxios

 

 

Ruta dos naufraxios

Numerosos naufraxios aconteceron nestas costas.Afundíronse pequenas embarcacións pesqueiras e grandes buques militares, pero algúns naufraxios deixan marcas que non se borran. Ao longo desta ruta descubriremos paisaxes, historias de barcos afundidos e de rescates.

 

Foto nasas

Ruta da pesca

 

 

 

 

Ruta da pesca

Numerosas especies son as que se atopan nesta costa. Aquí os mellores mariscos e os peixes máis selectos son capturados de forma artesanal. As artes de pesca e as embarcacións utilizadas son o resultado de varios anos de experiencia. Os visitantes poderedes descubrir nesta ruta unha forma de vida vencellada ao mar.

 

Se queres realizar algunha destas rutas e obter máis información non dubides en poñerte en contacto connosco.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s