Servizos que ofrecemos

 1_ Venda de produtos da pesca artesanal  

    Porque consideramos que esta forma de consumo é a máis comprometida e que desta forma sábese valorar a procedencia, a forma de pesca e a calidade do produto que se lles ofrece.

Así ofertamos PRODUTO FRESCO (peixe e marisco) procedente de pequenos portos pesqueiros de Galicia. Ofrécese baixo pedido e garantindo a calidade hixiénico-sanitaria, a máxima frescura e a condición de pesca artesanal.

2_ Divulgación

“Non se coida o que non se ama, non se ama o que non se coñece”

(pincha nos títulos suliñados para acceder á información completa de cada actividade)

  •         Roteiros guiados  para coñecer de preto a forma de vivir do mar, como se traballa, que especies se explotan, os oficios vinculados a un porto ou os naufraxios acontecidos nesta zona da Costa da Morte. 
  •        Obradoiros sobre consumo de peixe.    Coñeces o que comes?     Distingues a calidade do que mercas?
  •         Actividades para escolares. Aprende xogando!! O enclave de Lira, en Carnota, achega aos escolares un mundo de experiencias en contacto co medio mariño e os seus habitantes!! Tamén temos actividades lúdico-formativas para todos os niveis educativos que se poden impartir nos centros de ensino.
  •      Experiencias mariñeiras. Apalpando un mar saboroso!! Para os turistas máis curiosos e con ganas de disfrutar dunha xornada mariñeira, temos preparadas unha combinación de actividades moi completa.

3_ Asesoramento técnico   

A cooperativa O Canto da Balea ten experiencia na realización de traballos e estudos técnicos de carácter medioambiental e mariño.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s